miércoles, 18 de noviembre de 2009

Festa Loroño 2008....O punto de Inflexión....Panorama

O 24 de Xullo….. LOROÑO


Un ano máis a comisión de festas ocupouse de organizar as festas do lugar, 24 e 25 de Xullo en honor o Santisimo Sacramento e A Santiago Apóstol respectivamente, coas actuacións das Orquestas Versalles e Panorama o día 24 e o Grupo Mimo o día 25.

O 24 era un día especial, especial desde que arrancamos na nosa época de comisión encargada de organizar as festas que vai xa para 4 anos, dando o relevo a una xeneración que aguantou nada máis e nada menos que 14 anos o frente dela….todo un reto….

Pero a festa deste ano levaba uns alicientes especiais, uns alicientes, que para ben ou para mal a facían distinta de todas as demais. Cando empezamos ca comisión, igual que cando se empeza calquera traballo, un tense que marcar unhas metas….e nos marcáramolas daquela…queríamos traballar día a día, ano tras ano, intentar facer unhas festas memorables cada ano, pero fariamos que un ano fose realmente especial, e para eso decidimos reservar a Orquesta Panorama….para 3 anos máis tarde… ( 24 de Xullo de 2008 )….( son as cousas que ten ser unha das grandes…as fechas sempre están reservadas para 2 ou 3 anos a posteriori…).

Traballariase o que fixera falta, fariamos o que estivera na nosa man para que esa, que nós cansideramos a mellor das grandes estivera naquel lugar que din “ perdido “ , pero que xa por Arteixo conocían o día 23, naquel lugar onde nas noite do 24 de Xullo de cada ano todo se transforma, naquel lugar que din que “ ten algo especial ”, fariamos o que fora posible para dedicarlle o noso pueblo unha gran festa, digna de tódolos eloxios, e esa sería a noite do 24 de Xullo de 2008.

Pero as veces a vida ten aquelas cousas e dache un revés o que non queda máis que acostumbrarse e tirar para diante como un pode, e despois dun 4 de abril, tivemos unha reunión para decidir sobre o posible cambio das Orquestas contratadas; o pao foi grande, os traballos foron a menos e pasado un tempo facendo as cuentas, de calquera maneira non salían, pero a decisión, ainda que difícil, non tiña en conta os cartos, tiña en conta a reunión de facía 4 anos, onde se construiu unha ilusión, tiña en conta o traballo de 4 anos, somos catro, pero o quinto sabíamos que diría que seguiramos adiante, e así o fixemos, con todas as consecuencias que se presentaran, foran boas ou malas, pero continuábamos co cartel, porque o 24 tiña que ser un día grande….!!!!!

E como son as cousas, durante unha semana antes daban sol a morrer para o 24….e nos mais contentos ca un neno cun xoguete novo, pero o 24 as 9 da noite….despois de todo o día chovendo a chuzos, xa case todas as esperanzas se esfumaran por completo, dia cerrado de auga, sentados por dentro da barra, nunhas caixas cheas de coca-colas, levantada en aire enriba dunha estructura de madeira que levou unha semana de esforzos montar, para que naquel campo da festa de loroño puderan estar 50 ou sesenta persoas máis…as vacacions dunhas personas dedicadas en exclusiva a preparar o mellor posible estas festas, as tardes dedicadas despois de traballar por moita xente coas mesmas ilusións e esperanzas ca nos, uns veciños entregados pola causa, daba gusto, pero ese que din o peor enemigo das festas do verán… a chuvia, non daba tregua…

Era hora de votar as bombas que din que hoxe aquí hai festa, e unha voz dixo, as bombas chaman pola auga, e con toda a rabia que tiña dentro….máis xa non pode chover, e se hai alguen ahí arriba ha de saber que estamos aquí, en Loroño, e que necesitamos unha man….e ben grande, esto non pode acabar así. Había que votar 6 bombas, chovía do ceo, e un pouco dos meus ollos, desa rabia que xa era imposible conter, non podía mirar atrás e pensar que todo a que había detrás se iba o traste, porque o máis que me doia era que non se iba cumplir un soño de 5, sendo 4 só para poder cumplilo e velo. Votei 18 bombas, se hai alguen ahí arriba, ha de saber que estamos aquí.
Namentras, con Jose Manuel ( o noso agente ) e con Lito, cantante e representante da Orquesta Panorama decidíamos as posibles solucións deste abocado desastre. Facía 3 días , os rapaces da comisión fomos vivir a nosa festa particular de Loroño a Fontecada, alí estaba Panorama…e diante deles, berrábamos…ARRIBA LOROÑO!!!, e con tres dedos a man alzada diciamoslle en silencio que en 3 días actuarían nun sitio especial...e queríamos velos A TODOS saltar…..

O 24 a nosa tristeza leiase nas suas caras tamén, parecía que a festa era súa tamen, parecía que eles tamen foran participes de todo o traballo que se fixera hasta este día, esa dór tamen a recibiron eles, porque nas nosas caras, case lagrimosas, leiase todo ese pasado de cinco persoas. Viñeron todos os componentes da Orquesta a dar uns ánimos que costaba traballo dar, con unha humildad, unha transparencia que e difícil esperar, e foi moito de agradecer. Quedaba un pouco de fé ainda, pero cada vez menos… pero así como se unha man inmensa no ceo tapara ese recuncho do mapa chamado Loroño, o vento amainou….o ceo foi esclarecendo…e mentras conversaba con unha estrela, outras iban aparecendo no ceo… ibamolas contando….eran a nosa esperanza… e despois doutra reunión de catro….. ¿ seguimos adiante rapaces? Decisión difícil….pero SI, que haxa festa hoxe en Loroño, que rompa hoxe Loroño, como estaba escrito desde fai 4 anos!

E así foi, Loroño rompeu polas catro esquinas do campo, e as 5’30 da mañan con unha emoción que me desbordaba, mirei o ceo e dei gracias, logo o inmenso palco, e levantei a man con 3 dedos erguidos….e alguen desde alí, micrófono en man, respondeu con tres dedos erguidos. Foi unha noite na que todo estaba en sintonía, a xente de fora da barra, a de dentro e as Orquestas, e sen desmerecer a Orquesta Versalles, a Panorama, deixandonos de novo sin palabras fixo o nunca se dixo, o que non se falara en todo o día, polo que sempre tivemos que loitar no resto de ocasions,e fixoo por decisión propia, coma se eles foran parte da comisión, souberon ler o noso pasado,ver o presente , souberon aceptalo e actuaron en consecuencia. Foron heroes en silencio, como digo eu, como a min me gusta, deses que fan o que fan, sen pedilo, deses os que sempre lle teras un cariño especial, porque todo o mundo puxo o seu graniño de area para cumplir un soño de 5, pero alguns puxeron unha montaña, con toda a humildade, e en todo o seu silencio. E ainda me quedan dous recados por darlle a esa xente, que na próxima actuación a que acuda, que será pronto, serán dados. Votaron alí desde as 4 da tarde, para montar o escenario, e a ritmo de un! Dous ¡ tres! Tirade! empezamos, montadores e comisión, todos nos axudabamos en todo, esa tarde enriba dun escenario que empezaba a nacer…e as doce da mañan do 25, ainda sen durmis, e despois duns pinchiños en man e un groliño de auga, cun apretón de mans diciamonos moitas cousas, e sen falar. Eles son sempre os primeiros en chegar e os últimos en marchar. Dous apretons de mans e un abrazo deixaronme agradecerlle a toda a toda xente da Panorama no mesmo idioma no que nos regalaron eses héroes todo e mellor deles, en silencio, por todo o que fixeran por nos ese día e esa noite.

Da gusto ver, como ahí, sendo a Panorama, TODOS teñen esa humildade, esa transparencia, ese don de xentes, da gusto tratar con eles, e quedou demostrado, porque en todolos atrancos que houbo, nese día e nesa noite, souberonse comportar coma ninguén, sendo toda unha Panorama… É digno de alabar.
Hai un dito en Loroño, que xa herdamos da anterior comisión, e que di que QUEN REALMENTE TRIUNFA EN LOROÑO….REPITE. Non sei ainda cando, pero noutra noite de 24 de Xullo, se a vida me deixa, alí por dentro da barra dese campo da festa dese lugar que chaman Loroño, as 5’30 da mañan volverei a levantar 3 dedos o ceo… é a nova ilusión,o novo soño, e por el habemos de traballar.

Nos días seguintes, falamos con moita xente, recordandonos o ben, o bonita que foi a noite do 24. Moitos foron os que se acordaron de nós, eu fixeno con 18 bombas, e cada un deles, puxo o seu graniño de fé, contaronnolo eles,de mil maneiras o pediron, foi unha chamada unánime o ceo, porque o día pediao, porque era un día que tiña que ser especial, porque había alguen que o merecía, porque había moita xente que o merecía, e o final, foi especial. Seguiremos cada ano en Loroño, seguiremos traballando con fé para que siga sendo ese lugar especial, e para sempre, na nosa cabeza e no noso corazón, SEMPRE SEREMOS UN MÁIS.

Javier Brenlla.










Loroño 6:40 hrs




No hay comentarios:

Publicar un comentario